O Inega amplía os fondos de axudas para incentivos de instalacións de enerxías renovables térmicas nas empresas. Con esta ampliación, os fondos dispoñibles para instalacións de biomasa aumentan dos 3 550 000 € iniciais a 8 500 000 €, polo que se estende a dispoñibilidade de fondos para novas solicitudes.
Desde o Clúster de Biomasa de Galicia asesoramos aquelas empresas interesadas en acceder a estas axudas.
As accións subvencionables son as encamiñadas á implantación de novas instalacións térmicas renovables, ampliacións e substitucións de sistemas de produción existentes que abastezan as seguintes aplicacións:
-
- Aplicacións térmicas para produción de frío e/ou calor en edificios.
- Aplicacións de baixa, media e alta temperatura en procesos produtivos ou outras aplicacións térmicas.
Estas accións inclúen as tecnoloxías: solar térmica, biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e microredes de distrito de calor e/ou frío.
O prazo de solicitude para esta convocatoria remata o 31 de decembro de 2023, pero ao ser un día inhábil prorrogase ata o 2 de xaneiro do 2024. É importante ter en conta que os fondos asignaranse por orde de solicitude.
As solicitudes deben presentarse de forma telemática a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Encontrarás máis información sobre esta axuda na web do Inega.
Consulta o DOG sobre a ampliación dos fondos.