O vindeiro mércores día 6 de abril, de 16:00 a 20:00 h, terá lugar unha xornada de asesoramento on line organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en colaboración co Cluster da Biomasa de Galicia. Nela, informarase sobre as instalacións de biomasa e os seus criterios de deseño e dimensionado, atendendo especialmente ao seu potencial en actuacións de rehabilitación enerxética en usos residenciais.

Esta xornada está enmarcada dentro das accións formativas e divulgativas relacionadas coas intervencións subvencionables cos fondos europeos Next Generation [Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia]

O programa da xornada é o seguinte:

  • A Biomasa como fonte de enerxía: combustibles e normas.
    Gonzalo Piñeiro, Técnico do CIS Madeira (Centro Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia)
  • Situación actual do mercado dos Pellets en Galicia e en España.
    Fernando Hernández Cadra, Secretario Técnico de Apropellets. Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets
  • Distintas tipoloxías de instalacións con caldeiras de biomasa: unifamiliar, terciario, residencial e redes de calor.
    Diego Fernandez, Director técnico de Okofen España.
  • A biomasa no RITE, aplicacións e posibilidades. Exemplos de casos de rehabilitación enerxética.
    Bruno De Miranda, enxeñeiro industrial especialista en instalacións, Director de Termolabs.

Para o seguimento en directo desta xornada, requírese inscrición no seguinte enlace.

Fonte: Colexio Oficial de Arquitectos