O próximo 30 de setembro, o Clúster da Biomasa de Galicia, organiza un taller onde se presentará a actual convocatoria das axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de ata 5.000 habitantes, ao abeiro do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Programa DUS 5000).
Esta xornada terá un formato híbrido pudendo asistir de forma presencial no Hotel Puerta del Camino (Santiago de Compostela) ou virtualmente. A continuación, preséntase o programa:
10.00 Recepción
10.30 Benvida
Francisco Álvarez, presidente do Clúster da Biomasa de Galicia
Representante do Concello de Porto do Son
Representante do Concello de Portas
10.35 Presentación da liña de axudas DUS 5000
Bruno De Miranda
Asesor técnico do Clúster da Biomasa de Galicia
10.55 Casos de éxito
Concello de Porto do Son
Concello de Portas
11.15 Debate e rolda de preguntas
11.30 Finalización do taller e café networking