Traballos de especial risco en plantas de biomasa.

Os traballos en altura e os espazos confinados están considerados entre as actividades con maior nivel de risco dentro das instalacións industriais. No sector da biomasa, tarefas como o acceso a silos, a inspección de caldeiras, o mantemento de filtros ou as intervencións en cubertas e estruturas requiren coñecementos específicos e a aplicación de rigorosos protocolos de seguridade.

Co obxectivo de reforzar a capacitación dos profesionais do sector, o Clúster da Biomasa de Galicia organiza o curso “Traballos de especial risco en plantas de biomasa”, unha formación especializada que permitirá aos participantes identificar os principais factores de risco, coñecer as medidas preventivas necesarias e adquirir competencias prácticas para desenvolver estas tarefas con seguridade.

Esta acción formativa conta cun enfoque eminentemente práctico e está especialmente deseñada para responder ás necesidades reais das empresas da cadea de valor da biomasa.

Esta formación está orientada a profesionais vinculados ás plantas e instalacións de biomasa, incluíndo persoal de mantemento, operarios, equipos de primeira e segunda intervención, responsables de seguridade, responsables de planta, mandos intermedios e persoal directivo ou xerencial interesado en reforzar os coñecementos da súa organización en materia de prevención de riscos laborais, seguridade industrial e actuación ante situacións de emerxencia.

Equipo docente

Moisés Castro Serrano
Moisés Castro Serrano@jmoisescastro
Bachelor in Business Administration pola Escola de Negocios Caixanova de Vigo, mestrado en Project Management polo Instituto Europeo de Posgrado e auditor interno de sistemas de xestión de proxectos ISO 21500:2013 de Bureau Veritas. Consultor especializado nos ámbitos de vixilancia competitiva, TIC y novas tecnoloxías centradas en IA dende 2010. Formación en IA para diferentes asociacións e administracións públicas e xestión de proxectos relacionados con novas tecnoloxías.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O programa comprenderá un total de 16 horas divididas en 2 sesións de 8 horas cada unha delas cun formato presencial

Bloque 1. Riscos e seguridade en espazos confinados

  • Accidentabilidade en espazos confinados e análise dos principais accidentes rexistrados en contornas de biomasa.
  • Causas máis frecuentes dos accidentes en silos, fosos, condutos e instalacións industriais.
  • Identificación e avaliación dos factores de risco presentes nas plantas de biomasa.
  • Definición, recoñecemento e clasificación dos espazos confinados.
  • Avaliación de riscos xerais e específicos asociados ás instalacións de produción de biomasa.
  • Medidas preventivas aplicables ás operacións realizadas nestas contornas.

Bloque 2. Procedementos de traballo seguro

  • Planificación e organización dos traballos en espazos confinados.
  • Avaliación da atmosfera e planificación das medicións.
  • Sistemas de ventilación e control ambiental.
  • Equipos de protección individual (EPIs).
  • Protocolos de actuación e plans de rescate en instalacións de biomasa.

Bloque 3. Formación práctica e simulacións reais

A parte práctica desenvolverase mediante exercicios e simulacións baseadas en situacións reais presentes nas plantas de biomasa:

  • Acceso seguro a silos de almacenamento de astela.
  • Traballos de limpeza e mantemento en filtros de mangas.
  • Procedementos de control e rexistro ao rematar unha intervención.
  • Simulacións de rescate en espazos confinados.
  • Actuación ante a presenza de gases perigosos e utilización de detectores de gases.
  • Montaxe e utilización de sistemas de acceso, permanencia e rescate.
  • Acceso ao interior de caldeiras para tarefas de inspección.
  • Prácticas de evacuación e encamillado.

Que inclúe este curso?

Ao longo das dúas xornadas abordaranse os riscos específicos asociados aos traballos en altura e aos espazos confinados en plantas de biomasa, así como os procedementos de traballo, os equipos de protección individual, os sistemas de rescate e as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade das persoas traballadoras.

A formación incluirá demostracións e exercicios prácticos en escenarios que recrean situacións reais de traballo presentes nas instalacións de biomasa.

Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia obligatoria a totalidade do curso para obter o correspondente certificado de aproveitamento.

Traballos de especial risco en plantas de biomasa.

Prazo de inscricións: finalizado

Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal