O Clúster da Biomasa de Galicia deseñou un ambicioso programa de actividades de formación e difusión que ten recibido o apoio da Axencia Galega da Industria Forestal a través da orde de axudas denominada “Axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A)”.

Dentro deste programa de actividades, o Clúster organiza un ciclo de seminarios para arquitectos e enxeñeiros que contará con expertos do sector da biomasa e se estructurará da seguinte maneira:

 📅 4, 11/10 ➡️ Sesións online 

🕘 10:00 a 14:00 h

📅 18/10 ➡️ Sesións online

🕘 16:00 a 20:00 h

📅 25/10 ➡️ Visita a fábrica.

🕘 10:00 a 14:00 h