Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo – 4 de xuño de 2024 

O Clúster da Biomasa de Galicia organiza esta xornada na que se falará sobre o recurso forestal de Galicia, co obxectivo de abordar o papel crucial da dixitalización e a sostibilidade no uso da biomasa.

O evento, que se levará a cabo o 4 de xuño de 2024 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, está cofinanciado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.

A xornada contará coa participación de destacados expertos do sector, que ofrecerán relatorios sobre a xestión forestal sostible, os modelos de estimación da biomasa ou o Inventario Forestal Continuo de Galicia. Ademais, realizarase unha visita á planta de transformación de estelas de Biegal.

Agardámosvos para compartir unha xornada de aprendizaxe sobre o recurso forestal galego. Inscríbete!

Para máis información, as persoas interesadas poden visualizar o programa completo do evento:

PROGRAMA