Que é esta campaña?
En Galicia hai edificios que xa se quentan con biomasa. Quen pasa por diante, moitas veces, non o sabe.
O Clúster da Biomasa de Galicia, no marco dun convenio co INEGA, identifica e acredita estes edificios. Cada un leva na fachada un distintivo e ten nesta páxina a súa ficha: onde está, que instalación ten e que combustible usa.
Son instalacións reais e en funcionamento, en concellos coma o teu. Quentar un edificio con biomasa xa é unha opción que se usa en Galicia, e cada ficha amósao cun caso concreto.
1. Identificación
Quen xestiona o edificio envía o PDF cumprimentado por medio do formulario desta páxina.
2. Distintivo
O Clúster revisa a documentación e o edificio recibe un distintivo para a fachada que o identifica.
3. Ficha
A súa ficha quedará publicada nesta páxina, aberta a calquera persoa que queira coñecer o caso.
Enerxía renovable
A normativa europea recoñece a biomasa como fonte de enerxía renovable. O CO₂ que libera a biomasa ao queimarse é o que as plantas absorberon ao medrar.
Combustible de proximidade
Galicia ten máis de dous millóns de hectáreas de superficie forestal e aproveita arredor de 10 millóns de m³ de madeira ao ano. Parte da biomasa sae dos restos e subprodutos dese aproveitamento.
Menos custo por kWh
Por cada kWh de calor, o combustible de biomasa adoita custar menos ca o gasóleo de calefacción, e o seu prezo depende menos dos mercados internacionais.
Edificios xa acreditados
xa acreditadas
Oficinas centrais do Grupo Gestán
Av. da Praia, 108 B, 15142 Arteixo
Oficinas
Caldeira de pellets
Potencia: 45 kW
Campamento Espazo Nature
Lugar de Peados, 11, Razo, Carballo
Campamento
Caldeira de pellets
Potencia: 64 kW
Residencia Virxe do Xurés
Carretera Sampaio 2, 32870 Lobios
Residencia xeriátrica
Instalación de pellet
Potencia: 300 kW
Residencia San Carlos
Av. Francisco González Rey, 30, 32800 Celanova
Residencia xeriátrica
Instalación de pellet
Potencia: 96 kW
Compañía Española de Algas Mariñas (CEAMSA)
Polígono Industrial As Gándaras, s/n, 36418 O Porriño
Industrial
Caldeira de biomasa
Potencia: 9.800 kW
CIS-Madeira
Avda de Galicia nº5, San Cibrao das Viñas
Centro de investigación
Caldeira de pélets
Potencia: 128 kW
Facultade de Veterinaria
Avda. Carballo Calero
Rede de calor de biomasa
Potencia: 1.400 kW
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Complexo Docente do Campus de Lugo
Rede de calor de biomasa
Potencia: 1.000 kW
Facultade de Humanidades
Complexo Docente do Campus de Lugo
Rede de calor de biomasa
Potencia: 1.000 kW
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo
Rede de calor de biomasa
Potencia: 1.150 kW
Escola Universitaria de Enfermaría
Complexo Docente do Campus de Lugo
Rede de calor de biomasa
Potencia: 1.000 kW
Biblioteca Universitaria Intercentros
Rúa Bernardino Pardo Ouro
Rede de calor de biomasa
Potencia: 500 kW
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Campus de Lugo
Rede de calor de biomasa
Potencia: 60 kW
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. Alfonso X O Sabio
Rede de calor de biomasa
Potencia: 700 kW
Albergue de Peregrinos de Triacastela
Rúa do Peregrino s/n, 27630 Triacastela
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos de Arca
Lugar de Pedrouzo, Avda. Compostela s/n, 15821 O Pino
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos «Casa do Pasarín»
Rúa San Roque, 2, 27100 A Fonsagrada
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 32 kW
Albergue de Peregrinos de Diomondi
Igrexa de S. Paio de Diomondi, 74, 27758 O Saviñao
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 56 kW
Albergue de Peregrinos de Melide
Rúa San Antón, 25, 15800 Melide
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 112 kW
Albergue de Peregrinos de O Cebreiro
Lugar de O Cebreiro s/n, 27671 Pedrafita do Cebreiro
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos de Valga
Lugar O Pino, 12, San Salvador de Setecoro, 36645 Valga
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos de San Lázaro
Rúa da Vesada, 2, 15707 Santiago de Compostela
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos de Palas de Rei
Avda. de Compostela, 19, 27200 Palas de Rei
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 48 kW
Albergue de Peregrinos de Portomarín
Rúa Fraga Iribarne, 9701, 27170 Portomarín
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 64 kW
Albergue de Peregrinos «Rectoral de Poulo»
Lugar de Outeiro, 3, Ordes
Albergue de peregrinos
Instalación de pélets
Potencia: 32 kW
O teu edificio tamén se quenta con biomasa?
PDF para a alta
Descarga, rechea e adxunta este PDF no seguinte formulario para facernos chegar a túa solicitude.
Unha iniciativa impulsada polo Clúster da Biomasa de Galicia e cofinanciada polo Instituto Enerxético de Galicia