CURSO QGIS

A actividade de “CURSO BÁSICO DE QGIS DE ESCRITORIO” oriéntase fundamentalmente a que as empresas do sector coñezan como realizar unha xestión completa de datos xeográficos referenciados, utilizando un sistema de hardware, software QGIS e procedementos deseñados para soportar a captura, xestión, manipulación, análise, modelado e visualización de datos especialmente referenciados para resolver problemas complexos de planeamento e xestión.

Así, o curso permitirá:

  • Aprender as funcións básicas de QGIS
  • Coñecer os diferentes formatos de información xeográfica.
  • Traballar con Sistemas de Referencia de Coordenadas e reproxectar.
  • Facer uso das ferramentas de navegación e tratamento da información.
  • Crear simboloxía, etiquetar e crear mapas temáticos.
  • Coñecer as ferramentas de consulta e selección.
  • Exportar a información xeográfica a diferentes formatos.
  • Traballar coas bases de datos e información alfanumérica.
  • Crear mapas e saídas gráficas.
  • Configurar as preferencias da aplicación.

O programa terá unha duración total de 20 horas, estruturadas en 4 sesións presenciais nas instalacións da Cidade da Cultura (Gaiás) da Asociación BIOECO2 nas seguintes datas:

 

📅 Venres 20 de maio
🕘 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 18:00

📅 Sábado 21 de maio
🕘 de 9:30 a 12:30

📅 Venres 27 de maio
🕘 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 18:00

📅 Sábado 28 de maio
🕘 de 9:30 a 12:30

 

 

 

INSCRÍBETE AQUÍ

[contact-form-7 404 "Non encontrado"]