CURSO MARKETING DIXITAL

A actividade de “MELLORA DA COMUNICACIÓN DIXITAL E A CIBERSEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL” oriéntase fundamentalmente a que as empresas e os seus directivos e membros coñezan os conceptos e ferramentas que lles permitan optimizar a súa relación coa contorna a través dos medios dixitais á vez que protexen os seus datos e os dos seus clientes e os seus sistemas informáticos e dixitais. Así, o que se pretende con esta actividade é que as pequenas e medianas empresas sexan capaces de adaptarse aos cambios da contorna e aos novos perfís de consumidores a través da dixitalización e a formación dos equipos na materia (marketing dixital, redes sociais, email marketing, etc.).

O programa terá unha duración total de 70 horas, estruturadas en 7 módulos de 8 horas de duración e 7 sesións de 2 horas on line de asesoramento personalizado.

Para facer efectiva a correcta inscripción no curso, é necesario realizar o pago dunha matrícula que será devolta se finalmente se asiste ao curso. A matrícula é de 60 euros e debe ser depositada na seguinte conta: IBAN ES70 2080 0327 4830 4001 9861.

As sesión serán realizadas de forma presencial en Santiago de Compostela (instalacións do Centro Social Abanca, Plaza de Cervantes 17), en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00, nas seguintes datas:

 

📅 12 de maio
Contorna Dixital: Ferramentas de Marketing Dixital para PEMES. Estratexia e planificación dixital.

📅 19 de maio
Estratexias de posicionamento en buscadores: Ferramentas SEO-SEM.

📅 25 de maio
Métricas do embudo de captación e analítica web. SEMRUSH, AHREFS, Google Analytics e outras ferramentas.

📅 2 de xuño
A dixitalización do canal de vendas: o comercio electrónico como alternativa estratéxica.

📅 9 de xuño
Ferramentas e publicidade en Redes Sociais: Social Media Marketing e Social Ads.

📅 14 de xuño
Ciberseguridade: a xestión da seguridade da información

📅 23 de xuño
A contorna legal e a perspectiva ética

 

INSCRÍBETE AQUÍ

[contact-form-7 404 "Non encontrado"]