Programa de Dixitalización e automatización con IA

Ante un contexto cada vez máis áxil e competitivo, resulta necesario formar aos profesionais do sector en novas ferramentas de dixitalización, como poden ser a IA nos procesos administrativos e loxísticos co fin de contribuír a redución de custos e optimización de procesos internos. Por este motivo, o Clúster da biomasa propoñe dunha actividade de formación práctica centrada en novas solucións dixitais e nas oportunidades que brinda o uso da IA, de forma que cada participante descubra o potencial do seu uso a través dun coñecemento real das diferentes aplicacións da IA na súa operativa. Isto contribuirá a aumentar a súa competitividade e a produtividade, de forma que as empresas da industria incorporen de forma efectiva as TIC coa fin de modernizar as organizacións e facer que as empresas sexan tecnolóxicamente competitivas.

Equipo docente

Moisés Castro Serrano
Moisés Castro Serrano@jmoisescastro
Bachelor in Business Administration pola Escola de Negocios Caixanova de Vigo, mestrado en Project Management polo Instituto Europeo de Posgrado e auditor interno de sistemas de xestión de proxectos ISO 21500:2013 de Bureau Veritas. Consultor especializado nos ámbitos de vixilancia competitiva, TIC y novas tecnoloxías centradas en IA dende 2010. Formación en IA para diferentes asociacións e administracións públicas e xestión de proxectos relacionados con novas tecnoloxías.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O programa comprenderá un total de 27 horas divididas en 6 sesións de 4,5 horas cada unha delas cun formato presencial

Sesión 1: IA xenerativa para a eficiencia empresarial

  1. Prompts e Formatos: como dar unha orde con éxito.
    • Xeración e mellora de contidos coa IA e outros usos en marketing
    • Casos de uso Web, programación e apps
    • Potenciar a análilse de datos coa IA
  2. Novidades de ChatGPT
    • Actualizacións e modelos
  3. GPTs
    • Introdución a GPT
    • Creación de GPTs personalizados
    • Explicación e selección de GPTs de terceiros.

Sesión 2: Introdución á IA na empresa

  1. Intelixencia Artificial aplicada á empresa
    • Conceptos clave: IA, Machine Learning, Deep Learning, Automatización.
    • Tipos de IA e a súa aplicación práctica.
  2. Contextualización no sector enerxético e madeireiro
    • Procesos susceptibles de mellora con IA: cadea de subministro, compras, stock, atención ao cliente.
  3. Ferramentas actuais accesibles para empresas
    • Plataformas e solucións sen necesidade de desenvolvemento propio (Non-code / Low-code).
    • Introdución a Microsoft Power Automate, ChatGPT, Notion AI etc.
    4. Casos reais do sector
    • Caso ENCE: Automatización de seguimento de pedidos e xeración de informes con Power BI + IA.
    • Caso Foresa: Uso de modelos preditivos para optimizar a previsión de demanda loxística.

SESIÓN 3: Automatización de procesos loxísticos

  1. Automatización documental
    • Recepción e clasificación de pedidos mediante IA.
    • Lectura intelixente de albaráns e facturas con OCR e IA.
  2. Xestión de stock intelixente
    • Predicción de rotura de stock.
    • Automatización de pedidos a provedores.
  3. Trazabilidade e loxística intelixente
    • IA para o análise e optimización de rutas.
    • IA na planificación de entregas e almacéns.
  4. Aplicación práctica sobre casos reais
    • Como unha empresa mediana pode aplicar ferramentas sen grandes investimentos.
    • Casos de uso aplicados a industrias españolas (ENCE, Foresa, CEMEX).

SESIÓN 4: Deseño de proxectos con IA na empresa

  1. Como identificar procesos automatizables na empresa
    • Mapa de procesos.
    • Ferramentas para priorizar tarefas repetitivas e susceptibles de IA.
  2. Deseño básico dun fluxo automatizado
    • Uso de ferramentas como Zapier, Make, Power Automate.
    • Integracións sinxelas: Outlook, Excel, CRM, ERPs….
  3. Boas prácticas e riscos
    • Ética da IA.
    • Privacidade, seguridade e regulación de datos.
  4. Dinámica de peche
    • Exercicio práctico: detección de oportunidades en procesos reais na empresa.
    • Identificación de posibles pilotos a implantar tras a formación.

SESIÓN 5: Novos avances da IA e tendencias

  1. API de OpenAI
    • Explicación da API de OpenAI.
    • Desenvolvemento dun chatbot en WordPress.
  2. Outras IAs xenerativas
    • Uso de Perplexity, Copilot, Gemini, DeepSeek, Qwen, Claude, Mistral, Grok etc.
    • Caso práctico: investigación de mercados con IA con diferentes modelos de investigación profunda.
    • Outras IAs de interese: Limitless, NotebookLM, elevatorPitch, etc.

SESIÓN 6: Xeración de elementos multimedia con IA

  1. Imaxes e fotografía (Midjourney, Sora, Nano Banana, Recraft, etc.)
    • Creación e edición de imaxes.
    • Xeración de música e vídeo.
  2. Xeración e edición de audio (Suno, ElevenLabs, Adobe Podcast)
    • Xeración de locucións e narracións.
    • Xeración de música.
    • Reparación de audio.
    • Tradución de audio.
    • Xeración de presentacións e deseños (Gamma, Microsoft Designer).

Que inclúe este curso?

A documentación a utilizar durante as sesións (presentacións, dossieres, etc.) como a propia información durante as sesións formativas estará dispoñible en galego e castelán. 

Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia mínima do 80% da duración do curso.

Programa de Dixitalización e automatización con IA

Prazo de inscricións:  aberto

Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal