Desde o Clúster Biomasa de Galicia queremos informar a tódalas empresas do sector dos diferentes servizos ofrecidos dentro do programa Programa Igape Re-acciona Covid-19 lanzado recentemente polo IGAPE.

Neste novo programa ponse ao dispor das empresas 5 novos servizos prestados por entidades expertas en cada unha das temáticas:

Os requisitos marcados por Igape para acceder aos servizos son:

  • Pemes de calquera forma xurídica con, polo menos, un centro de traballo en Galicia.
  • Mínimo 3 persoas traballadoras (estarían incluídos os socios traballadores).
  • Descenso de facturación dun 10% no exercicio económico do 2020 respecto ao 2019.

Os asesoramentos teñen unha duración de 6 meses, e están valorados en 10.000€. Este importe está subvencionado nun 94% por IGAPE, quedando nun custo de 600€ para os beneficiarios que entren no programa.

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de novembro, e as solicitudes realízanse por orde de chegada ata esgotar o crédito dispoñible. Os interesados, deberán contactar coa entidade colaboradora coa que queren traballar para que xestionen e realicen a solicitude de servizo ante Igape.