O Clúster da Biomasa de Galicia
Preguntas Frecuentes
Preguntas frecuentes sobre Biomasa para usos térmicos:
RECURSO
A biomasa refírese á materia orgánica renovable, como residuos agrícolas, forestais e refugallos orgánicos, que se utiliza para a xeración de calor ou enerxía.
Si, a biomasa considérase unha fonte de enerxía renovable, xa que provén de recursos biolóxicos que se poden rexenerar.
BENEFICIOS E VANTAXES
A biomasa utilízase para calefacción de espazos, auga quente sanitaria, procesos industriais e xeración de vapor.
Coa biomasa pódense acadar aforros de ata un 40% aproximadamente con respecto aos combustibles fósiles.
A biomasa reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro ao aproveitar materiais orgánicos, contribuíndo así á mitigación do cambio climático. Ademais, contribuímos á dinamización de espazos rurais e á fixación da poboación no rural.
Si, os sistemas de biomasa poden adaptarse para funcionar eficientemente en calquera tipo de climas, proporcionando calefacción confiable e segura.
Si, a biomasa é unha opción viable para uso doméstico, ofrecendo calefacción eficiente e sostible.
A elección da biomasa depende de factores como a dispoñibilidade local e as características do sistema. Leña, pellets,briquetas, achas e residuos agrícolas son opcións comúns.
Si, a biomasa pódese integrar con sistemas existentes, como sistemas solares térmicos e fotovoltaicos, para proporcionar unha solución máis completa e sostible.
Si, a biomasa térmica utilízase comunmente en instalacións industriais para procesos de calefacción e vapor.
ASPECTOS TÉCNICOS E SEGURIDADE
Entre as tecnoloxías comúns inclúense caldeiras de biomasa, estufas, sistemas combinados de calefacción e electricidade, e sistemas de coxeración.
O cálculo depende do tipo de biomasa e a tecnoloxía utilizada. Pódense realizar estudos enerxéticos específicos para determinar a cantidade adecuada.
Algúns desafíos inclúen a loxística de subministración de biomasa, a variabilidade na calidade do combustible e a necesidade de tecnoloxías adecuadas de revalorización.
A combustión de biomasa pode producir emisións, aínda que as tecnoloxías modernas están deseñadas para minimizar as devanditas emisións e cumprir con normativas ambientais.
Co mantemento adecuado, os sistemas de calefacción de biomasa poden ter unha vida útil comparable a outros sistemas de calefacción convencionais, con custos de mantemento equiparables.
A biomasa debe almacenarse en condicións secas e ventiladas para evitar a degradación. Pódense utilizar silos ou almacéns adecuados.
Realizar un mantemento regular, utilizar combustibles de calidade e dimensionar adecuadamente o sistema son clave para garantir a eficiencia.
Débense seguir as normativas de seguridade, incluíndo a instalación adecuada de sistemas e a capacitación no manexo seguro de biomasa.
Pode avaliar a sustentabilidade considerando a procedencia da biomasa, as emisións, a eficiencia enerxética e a xestión responsable de recursos forestais, se é aplicable. Existen esquemas de certificación que garanten a sustentabilidade da biomasa desde a súa orixe ata o seu consumo.
FINANCIACIÓN E AXUDAS
En moitos lugares, hai incentivos e programas gobernamentais que apoian a adopción de sistemas de biomasa térmica, como subsidios e deducións fiscais. Podes consultar na web do IDAE e INEGA. Se tes alguna dúbida sobre axudas contacta a través do noso mail de contacto.
A mellor fonte é consultar a evolución das poxas de madeira. Outras fontes de interese poden ser o Observatorio Forestal da Xunta de Galicia e os Informes da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
As análises detalladas e tendencias específicas só están dispoñibles para entidades asociadas.