O Clúster Biomasa de Galicia asistiu á II Conferencia das Partes (COP), o evento anual máis relevante da Alianza Galega polo Clima, que se centrou na neutralidade climática e nos pasos necesarios para acadar un futuro máis sostible.
Durante a xornada, recoñecidos expertos de diferentes sectores compartiron as súas experiencias e ideas sobre como a innovación, o emprendemento e a colaboración poden ser ferramentas fundamentais para protexer o noso planeta. Este intercambio de coñecementos subliñou a importancia de traballar xuntos para facer fronte aos desafíos que supón o cambio climático.
Dende o Clúster Biomasa de Galicia, reafirmamos o noso compromiso co fomento da biomasa como unha fonte clave de enerxía renovable e limpa. A biomasa, como solución enerxética sustentable, é un piar esencial na transición cara a unha Galicia máis verde e respectuosa co medio ambiente.
Coincidindo co Día Internacional contra o Cambio Climático, queremos reforzar o noso compromiso coa construción dun futuro máis limpo, saudable e equilibrado para as xeracións presentes e futuras. Este reto global só pode ser superado mediante a cooperación e a implementación de solucións sostibles e a longo prazo.
Agradecemos á Alianza Galega polo Clima por liderar esta iniciativa e promover un espazo de encontro e reflexión que nos permite avanzar cara a un modelo máis responsable co medio ambiente. Continuaremos sumando esforzos para contribuír a unha Galicia climáticamente neutra.


