A CO Clúster da Biomasa de Galicia únese á difusión da convocatoria da quinta edición do Premio Cámara de Comercio – Ence á Innovación Forestal, un recoñecemento ao talento e á creatividade orientada ao futuro do sector forestal galego.
A convocatoria mantén a súa aposta por visibilizar a innovación en todas as etapas da cadea de valor forestal e conta con catro categorías, cada unha delas cun accésit:
- Premio á mellor iniciativa empresarial no ámbito da innovación para o sector forestal
- Premio ao traballo de fin de máster universitario
- Premio ao traballo de fin de grao
- Premio ao traballo de fin de ciclo superior de FP
As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura ata o 8 de agosto de 2025, enviando a documentación ao enderezo electrónico: secretaria@camarapvv.es.
A gala de entrega de premios está prevista para o mes de outubro de 2025.
Desde o Clúster animamos a todos os profesionais, estudantes e emprendedores vinculados co sector forestal a presentar os seus proxectos e contribuír ao avance sostible e innovador do monte galego.
📄 As bases da convocatoria están dispoñibles premendo aquí.



