O Goberno lanza un novo plan de axudas para proxectos singulares de enerxía limpa en municipios pequenos ou en risco de despoboamento
O Goberno lanza un novo plan de axudas para proxectos singulares de enerxía limpa en municipios pequenos ou en risco de despoboamento, dotado con 75 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dos cales 5.692.500 euros pertencen a Galicia.
O obxectivo é impulsar a participación dos pequenos municipios na transición enerxética, garantir a eficiencia e o aforro dos edificios públicos e asegurar o despregamento da mobilidade eléctrica e por iso o plan está dirixido a concellos, deputacións, mancomunidades, consellos insulares, consellos comarcais, cabidos e outras entidades públicas con ámbito de actuación en municipios de ata 5.000 habitantes e municipios non urbanos de ata 20.000.
As axudas subvencionarán o 85% do investimento e o 100% no caso de que teñan a consideración de “proxectos integrais” polo seu significativo impacto na transición enerxética no municipio.
O programa está dirixido a concellos, deputacións, mancomunidades, consellos insulares, consellos comarcais, cabidos e outras entidades públicas con ámbito de actuación en municipios de ata 5.000 habitantes e municipios non urbanos de ata 20.000, nos que os seus núcleos de poboación teñan ata 5.000 habitantes, que presenten proxectos cun investimento mínimo de 40.000 euros.
Sinalar que o programa destaca que realizar instalacións con biomasa en edificios de nova construción, novos equipamentos ou proceder á renovación dos sistemas dispoñibles ten un indubidable interese por supoñer unha diversificación enerxética que permite obter independencia fronte a mercados internacionais, con beneficios de maior seguridade enerxética e vantaxes económicas, para os seus titulares e o propio país.