O Clúster da Biomasa de Galicia
Descobre o Clúster da Biomasa de Galicia
A nosa historia
O Clúster da Biomasa de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída en febreiro de 2021, que agrupa empresas, entidades públicas e privadas, e outros actores crave do sector da biomasa en Galicia. O Clúster naceu como unha resposta á necesidade de unir esforzos e crear un ecosistema favorable que promova a innovación, a modernización e a competitividade dentro do ámbito da biomasa.
Abrangue toda a cadea de valor deste sector, dende a producción da materia prima, como pellets e achas, ata a distribución, instalación e mantemento dos equipos relacionados. Ademáis, inclúe actividades de investigación, asesoramento técnico e formación.
A súa estrutura permite unha interacción fluída entre todos os actores implicados, fomentando a cooperación e a sinerxia entre eles para maximizar o aproveitamento dos recursos dispoñibles e potenciar o crecemento do sector.
Contribuíndo á transición verde e á mellora da eficiencia enerxética
O establecemento dunha agrupación industrial centrada na biomasa representa unha oportunidade única para Galicia, unha rexión cun gran potencial en recursos forestais e unha contorna favorable para o desenvolvemento de enerxías renovables. A creación do Clúster de Biomasa permite capitalizar este potencial, facilitando a colaboración entre diferentes actores do sector e aproveitando as oportunidades económicas que ofrece a biomasa.
Co apoio institucional e un marco estratéxico claro, como a Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, o Clúster sitúase nunha posición privilexiada para liderar iniciativas que promovan o uso da biomasa, potencien a formación de talento humano especializado e fortalezan as relacións entre empresas e sectores afíns. Todo isto orientado cara a un crecemento sostible que beneficie tanto ao sector da biomasa como ao desenvolvemento económico e social de Galicia.
Oportunidade de creación
Sostibilidade do monte galego
- Prevención de incendios forestais
- Enerxía neutra en carbono
Motor socioeconómico de Galicia
- Mellora a competitividade empresarial
- Xerador de emprego no rural
- Reducción da dependencia dos combustibles fósiles
Este é o noso momento
- Sector profesionalizado
- Cadea de valor identificada
- Apoio institucional
- Necesidade de colaboración, innovación e divulgación
Misión e visión de futuro
O Clúster da Biomasa de Galicia nace co propósito de impulsar o uso das enerxías renovables a través de proxectos de cooperación orientados á innovación. A nosa visión é promover a internacionalización e potenciar a capacidade emprendedora no sector da biomasa.
A misión do Clúster é defender os intereses comúns dos seus membros, facilitando respostas efectivas aos retos estratéxicos e competitivos do sector, e garantindo un avance sostible e competitivo.
Para iso, faranse as seguintes accións:
Difusión e promoción do uso de biocombustibles e enerxías renovables
Impulso da cooperación, innovación, capacidade emprendedora e da internacionalización
Posicionar a biomasa como sector clave, maximizando o aproveitamento dos recursos forestais e naturais
Situar a biomasa como sector de referencia, mellorando o aproveitamento dos recursos forestais e naturais