A Axuda ás Agrupacións Empresariais Innovadoras reforzará a cooperación empresarial e a sustentabilidade do sector da biomasa en Galicia
O Clúster de Biomasa de Galicia foi beneficiario das axudas convocadas polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) dirixidas ás agrupacións empresariais innovadoras da Comunidade Autónoma, un recoñecemento que permitirá desenvolver plans de actuación para mellorar a competitividade sustentable e a innovación no sector.
Estas axudas, enmarcadas na estratexia de promoción económica da Xunta de Galicia, teñen como obxectivo principal apoiar proxectos baseados en plans de actuación que fortalezan a competitividade sustentable, a innovación e a cooperación empresarial en distintos ámbitos da actividade económica galega.
As actuacións financiadas a través desta axuda beneficiarán directamente ó conxunto de empresas asociadas ó clúster, contribuíndo a:
- Mellorar a competitividade das empresas do sector.
- Fomentar a diversificación de produtos e servizos.
- Potenciar a creación de emprego cualificado.
- Favorecer a economía circular e a xestión sostible dos recursos forestais.
As axudas ás agrupacións empresariais innovadoras están concibidas para apoiar ás entidades xurídicas xestoras de clústers galegos na realización de actividades que promovan a cooperación empresarial, a innovación e a mellora da competitividade nos distintos sectores económicos da comunidade.



