- O Clúster da Biomasa elixe nova directiva na súa V Asamblea e reforza a súa aposta pola innovación, a formación e o impulso do rural galego.
- “Contamos con todos os socios para empuxar esta nova etapa do Clúster”, sinalou Rubén Mosquera, novo presidente do Clúster da Biomasa de Galicia tras a súa elección para o mandato 2025-2029.
Ourense, 10 de xullo de 2025 – O Clúster da Biomasa de Galicia celebrou hoxe a súa V Asamblea Xeral Ordinaria no CIS Madeira, nun encontro clave que reuniu aos representantes das entidades asociadas para facer balance do ano 2024, presentar os retos estratéxicos para o ano 2025 e renovar a súa xunta directiva.
Durante a xornada, aprobouse por maioría a nova composición da Xunta Directiva para o período 2025-2029, na que Rubén Mosquera asume a presidencia do Clúster, acompañado por María Vázquez como vicepresidenta. Continúase así o exitoso camiño percorrido por Francisco Javier Álvarez Pereiro e Daniel Portela Campos, quen viña exercendo como presidente e vicepresidente, respectivamente, desde a fundación do Clúster no ano 2021. Desde este Asemblea, continuarán formando parte da Xunta como vogais.
“O que queremos é traballar para por en valor a biomasa e seguir co traballo que se estivo facendo estes anos. Contamos con todos os socios para empuxar esta nova etapa do Clúster”- Declarou o novo presidente do Clúster da Biomasa de Galicia.
A Asamblea desenvolveuse nun ambiente de cooperación entre os axentes do ecosistema da biomasa en Galicia, que abrangue toda a cadea de valor: desde a produción de materia prima ata a instalación, distribución e mantemento de equipos, así como entidades dedicadas á investigación, á formación e ao asesoramento técnico.
Entre os principais puntos tratados destacaron a presentación do informe de xestión de 2024, a aprobación das contas anuais, a previsión orzamentaria para 2025 e o seguimento de proxectos estratéxicos apoiados por IGAPE, XERA, AGADER e INEGA. Tamén se abordaron novas liñas de actuación orientadas á internacionalización, dixitalización e formación especializada.
Esta quinta asemblea xeral puxo en valor os logros alcanzados ata a data pola anterior Xunta Directiva, como a incorporación de un gran número de socios estratéxicos, o desenvolvemento de proxectos crave dentro do sector e a importancia dos apoios institucionais logrados, para empezar a escribir unha páxina na historia do Clúster que apostará por unha estratexia de consolidación e impulso da biomasa a través de actividades promovidas polo IGAPE, XERA, AGADER e INEGA.
Conformado por 28 entidades asociadas, o Clúster da Biomasa de Galicia avanza con paso firme como motor de transformación sostible, apostando pola innovación no uso da biomasa, a dinamización do medio rural e o aproveitamento responsable dos recursos forestais de Galicia.




