A empresa socia participou no Obradoiro de Sustentabilidade organizado polo Clúster e compartiu a súa visión sobre os retos e oportunidades que ofrece a sustentabilidade para mellorar a competitividade das organizacións.
A sustentabilidade e a economía circular son xa dous dos grandes eixos de transformación das empresas. Conscientes desta realidade, o Clúster da Biomasa de Galicia impulsou o pasado mes de abril un Obradoiro de Sustentabilidade no marco do programa de Obradoiros Multidisciplinares de Dixitalización, Sustentabilidade e Loxística Avanzada, desenvolvido co apoio do IGAPE.
A xornada contou coa participación de GESUGA, que compartiu a súa experiencia e visión sobre os retos e oportunidades que a sustentabilidade ofrece ás organizacións no actual contexto de transición cara a modelos máis eficientes e responsables.
A presenza de empresas socias nestes espazos de traballo permite achegar casos reais, compartir coñecemento e fomentar o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes que integran a cadea de valor da biomasa.
Desde o Clúster da Biomasa de Galicia seguimos apostando pola creación de espazos de encontro e colaboración que contribúan a impulsar a innovación, a transferencia de coñecemento e a competitividade empresarial, reforzando o papel das nosas empresas asociadas como protagonistas da transformación do sector.









