O Clúster da Biomasa de Galicia ofrece novas oportunidades formativas grazas ao convenio con Galicia Business School

O Clúster da Biomasa de Galicia e Galicia Business School veñen de poñer en marcha unha iniciativa conxunta para impulsar a formación e o desenvolvemento profesional dos membros do sector.

Grazas a este convenio de colaboración, as persoas asociadas teñen agora a oportunidade de participar no sorteo de catro bolsas formativas que ofrecen un 40% de desconto aplicable aos másteres e MBAs directivos do curso 2025-2026.

Estas bolsas permitirán acceder a unha formación práctica, directiva e recoñecida, en áreas clave como o marketing dixital, a dirección empresarial, as vendas, os recursos humanos, as finanzas ou as operacións.

Ademais, os programas de Galicia Business School poden cursarse de maneira presencial ou en modalidade de presencialidade dixital, o que facilita a conciliación profesional e persoal.

A data límite para participar: ata o domingo 9 de novembro na seguinte ligazón de inscrición.

Galicia Business School, con sedes en Santiago de Compostela e Vigo, está recoñecida entre as mellores escolas de negocios de España por medios como El Mundo, Forbes e La Razón. A súa metodoloxía práctica, o claustro de profesionais en activo e o alto nivel de satisfacción do alumnado consolidárona como un referente na formación directiva en Galicia.

Ademais, independentemente do sorteo, as persoas asociadas ao Clúster da Biomasa de Galicia dispoñen dun desconto especial permanente en todos os programas directivos de Galicia Business School.