O 10 de xullo de 2025, o Clúster da Biomasa de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) asinaron un convenio de colaboración marco que marca un paso decisivo para o desenvolvemento e consolidación do sector da biomasa na comunidade. Esta alianza busca mellorar a calidade de vida da cidadanía e fortalecer a competitividade do tecido empresarial galego mediante a promoción da bioenerxía autóctona.
Para acadar estes obxectivos, o convenio estrutura as actividades en varios bloques, dos cales dous serán obxecto de contratación mediante concurso público. Os interesados poden presentar ofertas para un ou ámbolos lotes de forma independente ou conxunta:
- LOTE 1: Actualización dos contidos e deseño gráfico e visual do Observatorio Galego da Biomasa
Inclúe a renovación dos contidos e a modernización do deseño gráfico e visual, convertendo o Observatorio nunha ferramenta de referencia actualizada e accesible para todos os públicos. - LOTE 2: Elaboración do Catálogo de capacidades industriais da enerxía da biomasa en Galicia
Esta iniciativa permitirá cartografar e visibilizar o potencial industrial galego no ámbito da bioenerxía, servindo como escaparate para as empresas do sector e como ferramenta para atraer inversión.
Duración do contrato: Dende a formalización ata o 8 de decembro de 2025.
Orzamento total: 25.000 € (IVE incluído) – Lote 1: 10.000 € | Lote 2: 15.000 €
Prazo de presentación: 10 días naturais desde a publicación do prego en prensa.
Data límite de entrega de ofertas: 14 de setembro de 2025
Podes descargar o prego con todas as condicións técnicas e administrativas aquí.
Para máis información, contacta con: info@clusterbiomasa.gal
Este proxecto consolida o compromiso do Clúster da Biomasa de Galicia e INEGA co desenvolvemento dunha bioenerxía sostible, local e competitiva, clave para a independencia enerxética e o futuro do sector na comunidade galega.


