O Clúster da Biomasa de Galicia puxo en marcha o Programa de Liderado e Xestión de Equipos cunha primeira sesión centrada en liderado e motivación, celebrada o pasado 25 de febreiro. A formación estivo impartida por Fernando Arístegui, experto en desenvolvemento de habilidades directivas, quen achegou aos participantes ferramentas clave para mellorar a xestión de equipos e potenciar as capacidades de liderado no sector.
Nesta sesión, abordáronse aspectos fundamentais como a motivación laboral, a xestión do talento e as estratexias para impulsar equipos de alto rendemento nun entorno en constante cambio. O obxectivo do programa é fortalecer as competencias dos profesionais do sector da biomasa, dotándoos de coñecementos e habilidades para afrontar os retos actuais da industria.
O Clúster da Biomasa de Galicia continúa apostando pola formación como motor de transformación e crecemento empresarial. Este programa forma parte do compromiso da entidade coa profesionalización e a mellora continua do sector, impulsando unha xestión máis eficiente e innovadora.
Esta actividade é co-financiada por XERA Axencia Galega da Industria Forestal


