O Clúster da Biomasa de Galicia impulsa a dixitalización no sector forestal coa formación en ‘Ferramentas de Transformación Dixital’

O Clúster da Biomasa de Galicia retoma as súas formacións cunha nova edición do curso ‘Ferramentas de Transformación Dixital’, orientado a sensibilizar aos directivos da industria forestal sobre a xestión dixital dos seus negocios. Esta iniciativa busca sentar as bases para definir e implementar estratexias dixitais que permitan ás empresas do sector aumentar a súa competitividade e produtividade.

A formación, en colaboración con Galicia Business School, contará coa participación deDaniel Prieto como docente. O enfoque teórico-práctico permitirá aos asistentes incorporar de forma efectiva as TIC, modernizando así as organizacións para facelas tecnoloxicamente competitivas.

Información do curso:

  • Duración: 20 horas
  • Datas: 24 de marzo e 7 de abril
  • Horario: De 9:30 a 14:30
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar: Santiago de Compostela

Con esta formación, o Clúster da Biomasa de Galicia continúa o seu compromiso coa innovación e o desenvolvemento do sector forestal galego, apostando pola transformación dixital como clave para o futuro coa cofinanciación da Axencia Galega da Industria Forestal