O Clúster da Biomasa de Galicia celebrará o vindeiro 27 de maio unha nova sesión do curso “Caracterización de biocombustibles, certificación forestal, dilixencia debida e trazabilidade de produto”, centrada nesta ocasión nas propiedades dos biocombustibles sólidos, o seu control e medición.
A sesión forma parte do Módulo 2: Certificación e calidade de biocombustibles sólidos, orientado a achegar aos fabricantes e profesionais do sector coñecementos técnicos sobre a normativa, os procedementos de control da produción e a medición das especificacións necesarias para garantir a calidade do produto.
Durante a xornada abordaranse cuestións como as propiedades físico-químicas dos biocombustibles, os equipos e procedementos de medición, os procesos de mostraxe e control de produción, así como un caso práctico centrado na medición e cálculo de dimensións, volume e peso.
A formación desenvolverase en modalidade presencial na Aula 9 da Facultade de Bioloxía da USC, en Santiago de Compostela, en horario de 09:30 a 14:30 horas.
Esta acción formativa está impulsada polo Clúster da Biomasa de Galicia co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), no marco da súa aposta pola capacitación técnica, a profesionalización e a mellora da competitividade do sector.


