O Clúster da Biomasa de Galicia abre un proceso de licitación para a execución de tarefas relativas aos diferentes proxectos prioritarios propostos polo propio Clúster, a través dos cales búscase aproveitar e impulsar as oportunidades do sector forestal – biomasa, así como toda a súa cadea de valor.

Esta serie de accións e iniciativas propostas polo Clúster inclúense no marco das “Axudas  ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia”, as cales aprobou o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) no 2022.

Grazas a este apoio, a agrupación empresarial puido deseñar o seu Plan Estratéxico 2022-2025 para poñer en marcha diferentes proxectos colaborativos, con axentes relevantes no sector, co obxectivo de difundir o uso de biocombustibles e dar valor aos recursos forestais galegos, especialmente á biomasa.

As entidades interesadas en presentar as súas ofertas deberán ter en conta todos os aspectos que se inclúen no prego publicado polo Clúster da Biomasa de Galicia.

Trátase dun proxecto cofinanciado ao 80% polo IGAPE e o seu horizonte temporal para a execución das actividades abarca os anos 2023 e 2024.