O O Clúster Biomasa de Galicia tivo a oportunidade de asistir a Piñeiros 24: foro de conocimiento entre Galicia y Nueva Aquitania-Francia, unha xornada clave que centrou o seu foco na descarbonización da construción, a innovación e as experiencias de xestión forestal. Este encontro reuniu a expertos de Galicia e Nova Aquitania-Francia, ofrecendo un espazo único para o intercambio de ideas e aprendizaxe.
Un dos momentos máis destacados foi a conferencia do recoñecido arquitecto Dominique Perrault, quen compartiu os detalles do seu innovador proxecto da Vila Olímpica de París, un exemplo de sustentabilidade aplicada á arquitectura.
Queremos agradecer á Fundación Arume e á Xunta de Galicia, a través de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, por organizar este foro de referencia para o sector forestal. Durante a xornada, abordouse o enorme potencial da madeira como un material esencial para responder á crecente demanda de vivenda en España, destacándose pola súa capacidade para promover unha construción máis sostible, eficiente e respectuosa co medio ambiente.
Desde o Clúster Biomasa de Galicia, reafirmamos o noso compromiso co impulso de alternativas renovables e a posta en valor da madeira como un recurso clave para avanzar cara a un futuro máis verde e sostible.
Piñeiros 24 foi, sen dúbida, unha xornada inspiradora e enriquecedora para o sector forestal. Dende o Clúster continuarase traballando e colaborando para consolidar Galicia como un referente no uso sostible dos seus recursos naturais.