Un panel de expertos asesoraron sobre as instalacións de biomasa e os seus criterios de deseño e dimensionado, atendendo especialmente ao seu potencial en actuacións de rehabilitación enerxética en usos residenciais.
O noso agradecemento a Gonzalo Piñeiro Veiras do CIS Madeira, a Fernando Hernandez Apropellets,a Diego Fernandez ÖkoFEN calefacción con pellets e a Bruno De Miranda Santos de Termolabs por participar e colaborar xunto co #ClusterBiomasaGalicia na organización desta xornada por parte do Colexio de Arquitectos de Galicia.
Esta xornada forma parte das accións formativas e divulgativas relacionadas coas intervencións subvencionables cos fondos europeos Next Generation [Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia].


