Loita contra incendios en instalacións de biomasa. Técnicas de extinción.

As instalacións de biomasa presentan características específicas que requiren unha preparación adecuada para actuar con rapidez, seguridade e eficacia ante situacións de emerxencia.

Co obxectivo de reforzar a capacitación dos profesionais do sector, o Clúster da Biomasa de Galicia organiza o curso “Loita contra incendios en instalacións de biomasa. Técnicas de extinción”, unha formación especializada que permitirá aos participantes actualizar coñecementos, coñecer os principais riscos asociados a este tipo de instalacións e adquirir competencias prácticas para a prevención, intervención e control de incendios.

Esta acción formativa conta cun enfoque eminentemente práctico e está especialmente deseñada para responder ás necesidades reais das empresas da cadea de valor da biomasa, contribuíndo a mellorar a seguridade das persoas, das instalacións e dos procesos produtivos.

A formación está dirixida a persoal de mantemento, equipos de primeira e segunda intervención, responsables de seguridade e, en xeral, profesionais vinculados ás empresas do sector da biomasa e forestal.

Equipo docente

Moisés Castro Serrano
Moisés Castro Serrano@jmoisescastro
Bachelor in Business Administration pola Escola de Negocios Caixanova de Vigo, mestrado en Project Management polo Instituto Europeo de Posgrado e auditor interno de sistemas de xestión de proxectos ISO 21500:2013 de Bureau Veritas. Consultor especializado nos ámbitos de vixilancia competitiva, TIC y novas tecnoloxías centradas en IA dende 2010. Formación en IA para diferentes asociacións e administracións públicas e xestión de proxectos relacionados con novas tecnoloxías.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O programa comprenderá un total de 14 horas divididas en 2 sesións de 7 horas cada unha delas cun formato presencial

Contido teórico

  • Natureza e química do lume.
  • Área xeral de operacións.
  • Pirólise e descomposición química da materia.
  • Atmosferas explosivas de po e riscos específicos asociados.
  • Equipos de protección contra incendios: extintores, mangueiras, sistemas portátiles de escuma, acortinadores e monitores.
  • Equipos de protección respiratoria: usos e comprobacións de seguridade.
  • Técnicas de refrixeración de estruturas.
  • OMBR: orientación, mobilidade, busca e rescate. Técnicas de intervención en incendios estruturais e de interior.

Contido práctico

Módulo de extintores

  • Exercicios de extinción en escenario industrial mediante o uso de extintores portátiles de po ABC.
  • Exercicios de extinción con extintores de CO₂.
  • Prácticas de extinción de incendios en combustibles sólidos (astela e pellets) mediante sistemas de auga con aditivos e escuma.

Módulo de tendidos

  • Montaxe de liñas de auga.
  • Progresión con liñas de auga en contornas industriais.

Módulo de incendio industrial

  • Simulacro de actuación en unidades de fabricación de pellets e astela.
  • Simulacro de actuación nunha planta de biomasa.

Módulo de incendio estrutural

  • Observación e análise da evolución dun incendio de interior.
  • Simulacro de intervención en almacéns de pellets, incluíndo control do incendio, extinción e rescate de vítimas.

Que inclúe este curso?

Ao longo das dúas xornadas, os participantes afondarán nos fundamentos da prevención e extinción de incendios, os riscos específicos asociados ás instalacións de biomasa e os protocolos de actuación ante distintos escenarios de emerxencia.

A formación combinará contidos teóricos e prácticos, incluíndo simulacros e exercicios reais orientados a mellorar a capacidade de resposta dos asistentes ante situacións críticas, así como o coñecemento e manexo dos diferentes equipos de intervención e protección.

A documentación empregada durante as sesións (presentacións, dossieres e material de apoio) e a propia formación estarán dispoñibles en galego e castelán.

SEGANOSA facilitará os equipos de protección individual (EPIs) necesarios para o desenvolvemento das prácticas.

Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia obligatoria a totalidade do curso para obter o correspondente certificado de aproveitamento.

Loita contra incendios en instalacións de biomasa. Técnicas de extinción.

Prazo de inscricións:  finalizado

Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal