Licitación proxecto convenio Cluster Biomasa de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Clúster da Biomasa de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) asinaron o 10 de xullo de 2025, un convenio de colaboración marco que supón un paso decisivo para o desenvolvemento e consolidación do sector da biomasa na comunidade. Esta alianza estratéxica nace cun obxectivo dual: impactar de maneira significativa na mellora da calidade de vida dos cidadáns e na competitividade do tecido empresarial galego, mediante o fomento da bioenerxía autóctona.

Para materializar estes propósitos, as actividades previstas no acordo estrutúranse en varios bloques, dos cales dúas serán obxecto de contratación mediante concurso público, dividido en dous lotes independentes ás que se poderán presentar ofertas de forma conxunta ou separada:

LOTE 1: Actualización dos contidos e deseño gráfico e visual do Observatorio Galego da Biomasa. Esta actuación comprenderá a renovación dos contidos e a modernización do seu deseño gráfico e visual, converténdoo nunha ferramenta de referencia actualizada e accesible para todos os públicos.

LOTE 2: Elaboración do Catálogo de capacidades industriais da enerxía da biomasa en Galicia. Unha iniciativa clave para cartografar e visibilizar o potencial industrial galego no eido da enerxía da biomasa, servindo como escaparate para as empresas do sector e como ferramenta para atraer investimento.

Para a execución destas actividades, e dados os recursos dos que dispón o Clúster e a falta de experiencia na execución das tarefas contempladas no proxecto, considerase necesaria a contratación de servizos definidos como prioritarios ao abeiro do convenio.

Duración contrato: Dende a formalización do contrato ata o 8 de decembro de 2025.

Orzamento Lote 1: 10.000 euros

Orzamento Lote 2: 15.000 euros

TOTAL PREGO: 25.000,00 EUROS IVE INCLUÍDO

10 días naturais desde a publicación do prego en prensa.

Data límite de entrega de ofertas: 14 de setembro de 2025

Neste enlace pódese descargar o prego con todas as condicións para concorrer á contratación.

Para máis información relativa á presente contratación, podes escribirnos ao seguinte correo electrónico: info@clusterbiomasa.gal