Leña Galicia incorpórase ao Clúster de Biomasa de Galicia para fortalecer o sector da leña envasada

O Clúster de Biomasa de Galicia continúa expandindo a súa rede de socios coa incorporación de Leña Galicia, empresa especializada na fabricación e comercialización de leña envasada de alta calidade. Esta integración reforza as capacidades do clúster no segmento de biocombustibles sólidos para calefacción doméstica.

Leña Galicia desenvolve un proceso produtivo integral que abarca desde a adquisición de materia prima mediante talla controlada ata o procesamento, secado e distribución final ao cliente. Como actividade principal, a empresa dedícase á fabricación de leña envasada de especies como bidueiro, eucalipto e carballo, destacando polo seu compromiso coa calidade premium e a sustentabilidade.

Como actividades secundarias, a empresa complementa a súa oferta coa comercialización de pellets, labra e carbón, posicionándose como un provedor completo de solucións enerxéticas baseadas en biomasa.

Con sede en Catasos (Lalín), Leña Galicia representa o know-how galego no sector da leña envasada e é unha das impulsoras da asociación de fabricantes de leña en Galicia. A súa incorporación ao clúster permitirá synergias en I+D, comercialización e promoción dos biocombustibles galegos.