O Clúster da Biomasa de Galicia
Instalacións de referencia
Galicia conta cun gran potencial de recursos bioenerxéticos grazas a riqueza e variedade das súas masas forestais. A biomasa é unha fonte de enerxía renovable que permite acadar aforros de aproximadamente un 40% en calefacción con respecto os combustibles fósiles e favorece a xestión sostible dos nosos montes reducindo o risco de incendios forestais. As instalacións de referencia do noso territorio son esenciais para consolidar a transición enerxética e contribúen a alcanzar os obxectivos de descarbonización no sector público, privado e residencial grazas a utilización da biomasa como combustible.
¡Convidamosche a coñocer de primeira man os seguintes exemplos de éxito!