O Clúster da Biomasa de Galicia
Identidade Corporativa
Imaxe corporativa
A imaxe corporativa do Clúster da Biomasa de Galicia constitúe un elemento clave para transmitir de forma clara e coherente quen somos e que representamos. O Manual de Identidade Visual recolle as directrices necesarias para garantir un uso axeitado dos elementos gráficos da marca en calquera soporte ou contexto comunicativo, tanto interno como externo.
O Clúster da Biomasa de Galicia é unha marca que representa ás entidades que traballan polo desenvolvemento da biomasa como fonte enerxética sustentable, innovadora e comprometida co territorio galego. A iconografía representativa inspírase no potencial tecnolóxico do sector.
As cores primarias empregadas para crear a identidade gráfica están asociadas aos elementos clave do ciclo da biomasa:
- O laranxa corporativo representa a enerxía, a calor e a actividade do sector.
- O verde corporativo remite ao monte galego, á sustentabilidade e ao respecto polo medio.
- O marrón evoca a materia prima: leña, residuos forestais, agrícolas e subprodutos.
O símbolo que acompaña ao logotipo sintetiza os valores do Clúster e actúa como nexo entre natureza e tecnoloxía, cun deseño contemporáneo, xeométrico e equilibrado. En xeral, utilízase unha linguaxe gráfica con liñas limpas, dinámicas e evocadoras que constrúen unha marca moderna pero enraizada no territorio.
O Manual é, ademais, unha ferramenta para reforzar a identidade corporativa e os valores diferenciais do Clúster da Biomasa de Galicia, garantindo unha comunicación coherente, recoñecible e profesional en calquera soporte.