A Comunidade conta cunha serie de características que impulsan o potencial deste tipo de enerxía.

    O certame Enerxétika 2022 acolleu onte no seu primeiro día de celebración a cuarta edición do Foro da Biomasa. O encontro contou coa participación de varias entidades e, nel, analizáronse os retos do sector da biomasa en Galicia, repasáronse as liñas de apoio previstas e presentáronse algúns casos de éxito.

    Baixo o lema “A biomasa, unha oportunidade estratéxica para Galicia”, este foro constitúese como un mecanismo aberto e participativo para impulsar a creación dunha industria da biomasa en Galicia, en consonancia cos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente, RIS3, e os obxectivos de Europa de alcanzar a neutralidade climática.

    Francisco Javier Álvarez Pereiro, presidente da Agrupación industrial da Biomasa de Galicia, foi o encargado da presentación da cita. A continuacuón, José Ignacio Lema Piñeiro, director da Axencia Galega dá Industria Forestal ( XERA), abordou na primeira sesión os retos e iniciativas do sector galego.

    Potencial da biomasa en Galicia

    No noso país, Galicia é líder en potencial de residuos forestais. Non en balde, conta cunha dispoñibilidade próxima ao millón de toneladas anuais de biomasa forestal residual. Este tipo de enerxía ten un gran potencial na rexión grazas ás características climáticas, a distribución da poboación e a tradicional actividade de explotación de madeira.

    Segundo datos de 2019 do Observatorio da Biomasa de AVEBIOM, en Galicia funcionaban nese ano preto de 18.500 estufas e caldeiras de biomasa que sumaban 744 MW de potencia instalada. En 2020, o observatorio rexistrou 23 redes de calor con biomasa que suman outros 13 MW.

    A seguinte sesión puxo o foco nas liñas de apoio previstas no período 2022-2027. Neste sentido, a Comunidade destinará 1,5 millóns de euros a axudas para fomentar a biomasa forestal con fins enerxéticos. Estas subvencións cubrirán ata o 50% do investimento da instalación, outorgando unha contía máxima por proxectos de 60.000 euros.

    Para concluír, a última das sesións centrouse nos casos de éxito. Así, expúxose, no ámbito das redes de calor, o caso da Xunqueira (Pontevedra). No sector gandeiro destacáronse as instalacións de calor en granxas de Nudesa, no agrícola fíxose o propio coa climatización en invernadoiros Flor San Campio e en servizos municipais explicouse a climatización na piscina municipal de Caldas de Reis.

    A cuarta edición do Foro da Biomasa terminou cunha visita ao District Heating do Concello de Silleda, unha rede de calor con biomasa pioneira.

     

    Fuente: Energynews