Fundación Biodiversidad lanza unha convocatoria de axudas para o fomento da bioeconomía forestal, en réxime de concorrencia competitiva, que está enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Esta convocatoria ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento de proxectos transformadores, ligados a ecosistemas forestais e ao aproveitamento e xestión forestal sostible, que contribúan á promoción da bioeconomía, a transición ecolóxica, ao reto demográfico e ao fortalecemento de capacidades, que fomenten a participación, a igualdade de xénero e a xeración de emprego verde e que sexan de natureza científico-técnica.
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- Entidades e organizacións sen ánimo de lucro
- Organismos Públicos de Investigación sen ánimo de lucro
- Universidades públicas e os seus institutos universitarios
- Centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica sen ánimo de lucro
- Centros públicos ou privados sen ánimo de lucro de I+D+i
- Organizacións e colexios profesionais
- Outras administracións públicas e entidades do sector público
A dotación máxima global desta convocatoria é de ata 77 millóns de euros e o importe máximo da axuda concedida non poderá superar o 95 % do total do orzamento do proxecto presentado.
As axudas concederanse para a execución de proxectos transformadores de natureza científico-técnica que contribúan a:
- Conservación, mellora e restauración da biodiversidade dos ecosistemas e especies forestais
- Adaptación das contornas forestais ao cambio climático, fomentando unha xestión encamiñada á resiliencia e resistencia dos montes, especialmente ante o risco de incendios e ao cumprimento equilibrado da multifuncionalidade dos montes e contornas forestais
- Xestión forestal sostible
- Planificación forestal no marco da ordenación do territorio
- Fomento das producións forestais sostibles e os seus sectores económicos asociados
- Creación de emprego e o desenvolvemento do medio rural
- Contribución á transición ecolóxica, ao reto demográfico, á loita contra o despoboamento e á xeración de emprego verde a través da bioeconomía, e especialmente, a través de actividades ligadas aos mosaicos e contornas forestais.
Estes proxectos deben ofrecer actuacións que favorezan a identificación e desenvolvemento de opcións económicas sostibles para o emprendemento e o emprego verde e oportunidades para a poboación moza. Tamén deben incluír a igualdade de xénero entre os seus obxectivos de transformación.
Poderás atopar toda a información en fundacion-biodiversidad.es