O Clúster da Biomasa de Galicia

Únete o Clúster de Biomasa de Galicia

Unirse ao Clúster da Biomasa de Galicia ofrece a oportunidade única de ser parte dunha rede dinámica de profesionais e empresas comprometidas co desenvolvemento sostible e a innovación no sector da biomasa.

Se estás interesado en unirte ao Clúster da Biomasa de Galicia cumplomenta o formulario a continuación:

Que vantaxes ten formar parte do Clúster?

Ao formar parte do Clúster, integrarás unha comunidade de profesionais e empresas con experiencia no sector da biomasa. Isto facilita o intercambio de coñecementos, contactos e colaboracións entre os actores máis relevantes da industria.

Aproveitarás oportunidades exclusivas de formación continua, conferencias, seminarios e outras actividades que potencien o desenvolvemento e mellora das túas capacidades e as do teu equipo, garantindo que a túa empresa estea sempre ao día cos últimos avances.

Xuntos, podemos dar respostas máis efectivas aos retos que afronta o sector da biomasa, como a innovación tecnolóxica, a sostibilidade e a optimización dos recursos. O traballo en equipo fortalece a nosa capacidade de influír nas políticas e no mercado.

O Clúster facilita a creación de alianzas entre empresas e entidades para desenvolver proxectos conxuntos de gran impacto. Poderás colaborar en proxectos estratéxicos que contribúan ao crecemento e modernización do sector, obtendo acceso a oportunidades de financiamento e apoio técnico.

Unirte ao Clúster permite beneficiarte das sinerxias que xorden da colaboración entre empresas e entidades dentro da cadea de valor da biomasa. Isto axuda a reducir custos, mellorar a eficiencia e acelerar a innovación, aumentando a competitividade da túa empresa.

A participación no Clúster ofrece canles de comunicación directas con Administracións Públicas e acceso preferente a programas de apoio, subvencións e políticas sectoriais. Isto mellora a capacidade de influencia e facilita o acceso a recursos públicos para o desenvolvemento de proxectos.

Estar no Clúster axuda a mellorar a visibilidade da túa empresa no sector, ademais de fortalecer a súa posición competitiva ao estar asociada a unha agrupación que promove a innovación, a eficiencia e o uso responsable dos recursos.

Como me podo adherir ao Clúster da Biomasa de Galicia?

Seguir o proceso de adhesión é sinxelo. Aquí explicamos os pasos:

1

Solicita a túa adhesión

2

Revisión de requisitos

3

Firma do formulario de adhesión

4

Resolución final

Tes dúbidas ou algunha suxestión?

Se tes algunha pregunta, necesítas máis información ou queres facernos unha suxestión, non dubides en contactar connosco.

Formulario de adhesión

Cooperación para o impulso sectorial

Contacto

info@clusterbiomasa.gal

Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole, Avenida de Galicia nº 5, C.P.32901. San Cibrao das Viñas. Ourense