O Clúster da Biomasa de Galicia

Formación

O Clúster da Biomasa de Galicia impulsa un novo programa de actividades formativas e divulgativas co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), orientado a reforzar a capacitación dos profesionais e a competitividade das empresas da cadea de valor da biomasa.

A través desta iniciativa, promoveranse accións especializadas centradas en ámbitos estratéxicos para o sector, contribuíndo á mellora da seguridade, da cualificación profesional e da adaptación aos retos actuais da industria forestal e bioenerxética.

Con este programa, o Clúster reafirma o seu compromiso coa formación, a innovación e o desenvolvemento dun sector cada vez máis preparado para afrontar os desafíos do futuro.