FORMACIÓN EN SUSTENTABILIDADE E BIOENERXÍA E A SÚA CERTIFICACIÓN (SURE)

Ante a necesidade de facer do sector da biomasa e o forestal, un sector comprometido co medio ambiente e sustentable, BIOECO2 e o Clúster da Biomasa de Galicia ofrecen formación orientada á bioenerxía e a súa certificación, xa que é de gran importancia para valorizar ao sector e aumentar a calidade dos recursos e da competitividade xeral das empresas que conforman a industria.

Así, a través dun webinar formativo online o que se pretende é coñecer a situación da bioenerxía na actualidade, así como coñecer a certificación de sustentabilidade SURE e os requisitos para obtela.