Formación en Sistemas construtivos en madeira aplicados a instalación e salas de caldeira de biomasa
O Clúster da Biomasa e a Asociación BIOECO2, debido á importancia do impulso da construción en madeira para aproveitar o potencial existente en Galicia neste ámbito, propoñen un curso de formación sobre sistemas construtivos en madeira aplicados ás instalacións, silos e salas de caldeiras de biomasa co fin de explorar en profundidade os principios, técnicas e normativas relevantes para a implementación exitosa destes sistemas en proxectos de construción.
Equipo docente


Que inclúe este curso?
Desta forma, a formación (cada unha das edicións) desglosaríase nos seguintes módulos:
- Tema 1: Fundamentos de Sistemas Construtivos en Madeira
- Tema 2: Aplicacións en Instalacións e Salas de Caldeiras de Biomasa
- Tema 3: Aspectos Normativos e Legais
O webinar incluirá tamén unha sesión de preguntas e respostas co fin de que os participantes poidan plantexar as súas dúbidas e consultas aos poñentes e co fin de fomentar unha discusión sobre os desafíos comúns e solucións innovadoras na implementación de sistemas construtivos en madeira e o intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes e os expertos.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A formación comprendería un total de 3 horas (1 webinar) cun formato online, previsiblemente o 11 de novembro de 2024.
Formación en Sistemas construtivos en madeira aplicados a instalación e salas de caldeira de biomasa
Prazo de inscricións: Concluído
- 3 horas
- Pendente
- 11 de novembro
- Modalidade online
Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal