MAiO A NOVEMBRO
PROGRAMA FORMATIVOA industria forestal desempeñará un papel clave na transformación económica de Galicia, e por iso, o Clúster de Biomasa de Galicia ofrece diferentes actividades para formar e cualificar ao personal empregado no sector forestal e concretamente no setor da Biomasa.
#xerasavia #elasxeransector #galiciaémadeira #industriaforestal
O Futuro é de Madeira
Este programa de actividades de formación e difusión está co-financiada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.
OBXECTIVOS
A maior parte das actividades están aliñadas coa Estratexia de Formación Xera e a Axenda de Impulso da Industria Forestal e engloban as seguintes temáticas:
👉 Fomento do talento humano e a adquisición de novas competencias tecnolóxicas.
👉 Divulgación dos beneficios, empresariais, sociais e ambientais da industria forestal e da biomasa.
Actividades Formativas
O Clúster da Biomasa de Galicia presenta unha serie de actividades formativas de distintas temáticas coa fin de reforzar os campos de coñecemento nos que se detectan maiores necesidades formativas e de aumentar a competitividade e capacidade innovativa e adaptativa do sector.
Calendario
Cursos formativos 2022
01
Marketing dixital
Mellora da comunicación dixital e a ciberseguridade no sector forestal
02
QGIS
Curso básico de QGIS de escritorio
03
Ecodeseño
Instalación e mantemento de aparatos de Biomasa segundo a normativa RITE e Ecodeseño 2022
04
Coaching e liderazgo: o coaching e a intelixencia emocional ao servizo do talento na industria forestal
Desenvolve todo o teu potencial e alcancza a máxima excelencia en liderazgo e traballo en equipo a través do método de coaching
05
Capacitación xerencial no sector forestal
En diferentes competencias e habilidades, oriéntase fundamentalmente a establecer unha comunidade de coñecemento arredor desta industria para avanzar na innovación e o emprendemento.
06
Xornada: Deporte polo clima
Uso da biomasa en instalacións deportivas, para amosar os seus beneficios nas instalacións deportivas e presentar as diferentes liñas de axudas públicas nesta materia.
07
ODS: da estratexia ao impacto na industria forestal
Coñece, de maneira práctica, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) poden incorporarse na empresa como un factor de competitividade.
08
Uso da biomasa no sector agrogandeiro
Descobre os beneficios da biomasa no sector agrogandeiro, así como as diferentes liñas de axudas públicas nesta materia.
09
Uso da biomasa no sector turístico
Descobre os beneficios da biomasa nos establecementos turísticos e a súa contribución na redución de custos de forma respectuosa co medio ambiente.
Outros cursos
01
Transformación áxil no sector da Biomasa
Os métodos de Transformación Áxil e optimización de procesos son ferramentas de calidade que buscan a mellora continua de todos os procesos dunha organización.
02
Prevención de Riscos en instalacións de Biomasa
Empresas relacionadas coa biomasa resulta imprescindible dotar ao persoal traballador dos coñecementos necesarios en para mellorar a seguridade no traballo.
03
Compliance penal no sector da Biomasa
Importancia dos modelos de prevención penal nas empresas e persoas xurídicas en xeral e por iso, é claramente beneficioso para as que dispoñan destes plans legais.
04
Plan de igualdade para empresas de menos de 50 traballadores
Analizar as vantaxes que supón a elaboración e implantación de plans de igualdade como instrumento de integración nas relacións laborais e avanzar cara a igualdade efectiva de mulleres e homes.
05
Programa de prevención de riscos legais nas empresas
Formación orientada á prevención de riscos legais nas empresas vinculados coa protección de datos persoais facilitando así unha visión xeral dos Dereitos e Obrigas recollidas na normativa.
06
Formación na Plataforma Microsoft 365
Coñecer os aspectos clave para as organizacións como a potenciación do traballo colaborativo e o aumento na produtividade dos equipos no uso das ferramentas de Microsoft 365
08
Formación SURE
Webinar formativo online no que se pretende é coñecer a situación da bioenerxía na actualidade, así como coñecer a certificación de sustentabilidade SURE e os requisitos para obtela.
09
Pegada de Carbono e a súa neutralidade: xestión do carbono
Importancia de facer do sector un sector sustentable e comprometido co medio ambiente co fin de reducir ao máximo o impacto ambiental das empresas da industria.