Os métodos de Transformación Áxil e optimización de procesos son ferramentas de calidade que buscan a mellora continua de todos os procesos dunha organización, incluíndo ás persoas que forman parta da mesma, mediante a eliminación das actividades que non agregan valor á cadea produtiva, de forma que a produtividade vese mellorada en gran medida.
É unha metodoloxía moi aplicada no mundo empresarial, xa que ten grandes resultados sobre todo ao referente ao aumento da produtividade, competitividade e implicación do grupo coa organización, pero non é un método moi estendido no mundo forestal e os sectores relacionados co mesmo como o da biomasa.
O obxectivo principal desta formación é o de aprender ferramentas de transformación, xestión lean e fundamentos Kaizen para a optimización dos modelos organizativos, aplicables no día a día por calquera dos participantes a través dunha primeira introdución teórica pero cun gran compoñente práctico.
A metodoloxía a seguir sería mixta, as primeiras sesións formativas faríanse de forma presencial en sala e iríanse combinando co formato telemático segundo as necesidades dos participantes e a evolución dos indicadores relacionados coa pandemia e as restricións impostas polas autoridades.
Ditas sesións formativas e acompañamentos ou titorizacións personalizadas servirían para a realización de entregables reais por parte dos participantes co apoio do equipo docente, co obxectivo de que poidan aplicar os conceptos aprendidos durante a formación nas súas organizacións de forma efectiva.
A continuación móstrase a calendarización do curso:
📅 28/09
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 29/09
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 05/10
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 09/11
🕘 09:00 a 14:00 h