As empresas de menos de 50 traballadores non teñen a obriga de contar cun Plan de Igualdade, polo que a súa implementación na mesma é totalmente voluntaria. Porén, o Clúster da biomasa pensa que é importante que cada unha das empresas e organizacións da cadea de valor da biomasa conten cun plan onde se recollan as medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes en materia de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, conciliación laboral e prevención do acoso sexual ou por razón de sexo. Isto axudará en gran parte a conseguir o obxectivo de ser unha industria xusta e igualitaria, á vez que se valoriza o papel da muller na mesma.
Por iso, o Clúster da Biomasa de Galicia lanza unha formación centrada na elaboración de Plans de igualdade empresas do sector da biomasa de menos de 50 traballadores, cuxos obxectivos pasan por analizar as vantaxes que supón a elaboración e implantación dun plan de igualdade na empresa como instrumento que permite integrar a igualdade nas relacións laborais e avanzar cara a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Para o desenvolvemento da actividade, levaranse a cabo dúas sesións de formación, cunha duración de 2 horas cada unha delas:
📅 18/10- Online
🕘 12.00-14.00h
📅 19/10- Online
🕘12.00-14.00h