A plataforma Microsoft 365 (antigo paquete Office 365) é unha ferramenta de soporte amplamente utilizado no mundo empresarial pola facilidade no seu uso e porque permite facer unha xestión áxil, coordinada e colaborativa dende calquera dispositivo e dende calquera lugar, de forma que as empresas ven aumentada a súa produtividade e a súa competitividade.
Ante a necesidade de dotar dunha mellor e máis colaborativa xestión das empresas da industria forestal e dos sectores incluídos na súa cadea de valor, o Clúster da Biomasa de Galicia de forma conxunta coa organización BIOECO2 realiza unha actividade de formación centrada nas técnicas de traballo colaborativo baseado na Plataforma Microsoft 365, co que se pretende introducir as múltiples funcionalidades e sacar rendemento ás ferramentas incluídas nesta plataforma.
Os obxectivos principais da formación pasan por coñecer os aspectos clave para as organizacións como a potenciación do traballo colaborativo e o aumento na produtividade dos equipos. Para iso, o que se pretende é introducir aos alumnos no uso das ferramentas de Microsoft365 para entender as súas múltiples funcionalidades e poder sacarlles o máximo rendemento mediante sesións formativas téorico-prácticas.
A continuación móstrase a calendarización do curso:
📅 16/09- Online
🕘 16:00 a 18:30 h
📅 30/09- Online
🕘 09:00 a 14:30 h
📅 01/10- Online
🕘 09:00 a 14:30 h
📅 05/10- Online
🕘 16:00 a 18:30 h
📅 07/10- Online
🕘 16:00 a 18:30 h
📅 14/10- Online
🕘 16:00 a 18:30 h
📅 21/10- Online
🕘 16:00 a 18:30 h
📅 26/10- Online
🕘 16:00 a 18:30 h