Curso Lean Manufacturing
A través desta formación proposta polo Clúster da Biomasa, búscase cumprir cos obxectivos de adquirir as habilidades necesarias para crear un fluxo continuo na produción, co que aumentar a eficiencia e reducir os custes, así como dominar metodoloxías que permitan unha redución significativa dos tempos de cambio. Ademais, os participantes poderán familiarizarse con ferramentas eficaces para mellorar os procesos de loxística interna e optimizar os procedementos de planificación da produción. Outro obxectivo clave é harmonizar a relación entre os procesos de produción e loxística para lograr unha colaboración máis eficiente. Tamén se coñecerán as posibilidades de dixitalización máis adecuadas a cada necesidade e, finalmente, analizaránse casos de estudo de empresas similares tanto en tamaño como en sector.
Equipo docente
Que inclúe este curso?
O curso esta composto por 2 sesións grupais presenciais de 8 horas cada unha delas.
- Sesión 1: Cambio cultural e Modelos de Ferramentas
Obxectivos
– Recordar os Fundamentos da Xestión Lean e o seu impacto no día a día das organizacións
– Saber como identificar e medir o desperdicio para a mellora de procesos
– Aprender principios e ferramentas transversais de mellora continua etransformación áxil
– Entender os distintos modelos de aplicabilidade segundo as necesidades decada compañía
Contidos
– Introdución a KAIZEN
– Resistencia ao cambio
– Modelo de cambio cultural: Kaizen Culture Model
– Ferramentas de estabilidade básica (5S, xestión visual, xestión diaria, estándares, etc.)
– Modelos de ferramentas: Kaizen Business System
– Introdución aos modelos detallados
– Exercicios prácticos
- Sesión 2: Ferramentas de Mellora de Procesos e Dixitalización, aplicación real
Obxectivos
– Profundizar en ferramentas concretas
– Coñecer as posibilidades de dixitalización máis adecuadas a cada necesidade
– Coñecer e analizar casos de estudo de empresas similares por tamaño e sector
– Seleccionar proxectos piloto como casos prácticos para cada organización participante
– Preparar o arranque de casos prácticos con cada participante (concepto A3 de inicio de proxecto)
– Planificar titorías personalizadas
Contidos
– Repaso dos modelos de Mellora e as ferramentas máis adecuadas ao sector dás necesidades dos participantes
– Introdución ás funcionalidades e aplicación da industria 4.0 e de KaizenAnalytics
– Xestión de proxectos mediante o A3 de 9 pasos
– Dinamización de actividades
– Selección e planificación de casos prácticos
- Titorías personalizadas sobre os casos prácticos
Obxectivos
– Garantir o aprendizaxe mediante a aplicación práctica da metodoloxía (learning by doing, potenciando o talento das empresas participantes)
-Apoiar aos participantes en dúbidas de concepto e xestión de proxectos
– Estender boas prácticas e aproveitar sinerxias no equipo
– Maximizar o impacto dos entregables piloto
Contidos
– Punto de situación do caso práctico
▪ Prazo e KPI
▪ Principais accións realizadas
▪ Principais accións para as próximas 2 semanas
▪ Puntos de bloqueo e decisións necesarias
– Resolución de dúbidas de concepto e xestión de proxectos
– Dinamización de sesións de proxecto
– Seguimento do impacto mo custe e produtividade
- Sesión de peche
Obxectivos
– Realizar un peche estruturado dos casos prácticos
– Garantir a sustentabilidade dos resultados no futuro e fixar o coñecemento nas empresas participantes
– Promover a continuación de eventos de mellora nas empresas participantes
-Intercambiar boas prácticas e poñer en valor o traballo
Contidos
– Peche estruturado dos casos prácticos e conexión coa xestión diaria
– Presentación de resultados e impacto no custe e produtividade
– Feedback do programa e próximos pasos
– Resolución de dúbidas de concepto e xestión de proxectos
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A documentación a utilizar durante as sesións (presentacións, dossieres, etc.) como a propia información durante as sesións formativas estará dispoñible en galego e castelán. Os grupos máximo de 20 alumnos (máximo de 10 empresas, 1-2 persoas por empresa).
Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia mínima do 80% da duración do curso.
Curso Lean Manufacturing
Prazo de inscricións: pechado
- 11 de novembro
- 10:00 a 14:00 hrs y 15:30 a 19:30 hrs
- 25 de novembro
- 10:00 a 14:00 hrs y 15:30 a 19:30 hrs
- Modalidade presencial | Instalacións de Oköfen (Caldas de Reis, Pontevedra)
Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal