Curso de QGIS e Lidar para a Industria Forestal
O obxectivo de esta segunda edición do curso de iniciación será o de introducir aos participantes no emprego dos Sistemas de Información Xeográfica e na tecnoloxía LiDAR para a xestión forestal empregando as principais fontes de información existentes.
A introdución ás características desta información así como o coñecemento dos principais repositorios procedentes das distintas administracións poderán ser útiles e nalgúns casos imprescindibles para o estudo dos recursos forestais.
Obxectivos
- Coñecer as principais fontes de información de interese para a xestión forestal
- Traballar con distintos tipos de datos e realizar operacións básicas de análise vectorial e de operacións básicas de filtrado LiDAR.
- Crear saídas gráficas da información espacial e alfanumérica.
- Realizar operacións de análise vectorial avanzado relacionado cos aspectos temáticos da información forestal
Equipo docente


Que inclúe este curso?
Desta forma, a formación (cada unha das edicións) desglosaríase nos seguintes módulos:
- Introdución
- Descarga de datos de interese, datos de Instituto Xeográfico Nacional, Instituto de Estudos do Territorio, IFN4 Catastro..
- Sistema de coordenadas e proxeccións
- Traballos con datos alfanuméricos:
- Xeoprocesamento en QGIS
- Xeoprocesos de conversión da datos
- Xeración de superficies de fricción
- Clasificación e Filtros para LiDAR
- Elaboración de mapas temáticos
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
O curso conta cunha duración total de 24 horas, divididas en dúas edicións de 12 horas cada unha, cun enfoque teórico-práctico e formato presencial.
A 1ª edición tivo lugar entre o 11 e o 25 de outubro de 2024, en horario de 09:00 a 13:00 h, Milladoiro, Santiago de Compostela.
A 2ª edición celebrarase en formato presencial en horario de 10:00 a 14:00 h:
Datas: 15, 16 e 23 de maio. No caso do día 16, realizarase unha práctica de campo nun monte próximo ao municipio de Meis (Pontevedra).
Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, aula 4.
Inscricións: Máximo de 20 alumnos/as por orde de entrada.
É importante que os alumnos/as acudan co seu propio equipo informático (ordenador portátil ou tablet) para poder seguir o curso correctamente.
Curso de QGIS e Lidar para a Industria Forestal
Prazo de inscricións 2ª edición: aberto
- 12 horas
- De 10:00 a 14:00 h
- 15, 16 y 23 de maio
- Modalidade presencial
- Escuela Ingeniería de Forestales de Pontevedra, aula 4
Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal