O Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos (RGPD) e a LO 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) fan necesario e obrigatorio que as Empresas e Autónomos se adapten ao novo modelo de cumprimento de protección de datos.
Así, o Clúster da Biomasa oferta una formación orientada á prevención de riscos legais nas empresas vinculados coa protección de datos persoais de todos os axentes vinculados á mesma, co obxectivo de dar a coñecer, en xeral, os fundamentos e conceptos xerais da nova normativa sobre protección de datos persoais, facilitando así unha visión xeral dos Dereitos e Obrigas recollidas en dita normativa e ofrecendo unha visión práctica das obrigas existentes.
O Programa permitirá coñecer o nivel de risco que implica todo tratamento de datos de carácter persoal, capacitándoo para detectar os riscos inherentes ao tratamento de datos persoais e ofrecer solucións adecuadas.
Para o desenvolvemento da actividade, levaranse a cabo dúas sesións de formación, cunha duración de 2 horas cada unha delas.
A continuación móstrase a calendarización do curso:
📅 22/09- Online
🕘 12:00 a 14:00 h
📅 23/09- Online
🕘 12:00 a 14:00 h