A prevención de riscos laborais é unha actividade fundamental no desenvolvemento de calquera actividade de calquera industria, independentemente da súa área de especialización.

Porén, a pesar de ser algo fundamental en todos os sectores, resulta de maior relevancia para aqueles cunha orientación máis industrial, na que se utiliza maquinaria pesada e na que pode haber risco de explosión ou exposición a substancias daniñas para as persoas.

O obxectivo principal desta formación é coñecer e saber aplicar as medidas de prevención necesarias nos ámbitos de loita contra incendios, Atmosferas Explosivas ATEX, Plans de Emerxencia e simulacro, equipos de respiración autónoma, soporte vital básico e uso de disfibrilador e primeiros auxilios.

A duración de este curso comprende un total de 37 horas repartidas en 6 sesións grupais presenciais ( Vilar de Calo, Nº47, 15866 Teo, A Coruña) por temáticas, as cales constarían de dúas partes: unha primeira introdución teórica dos conceptos obxecto da sesión e unha segunda parte totalmente práctica de aplicación dos conceptos adquiridos previamente durante a xornada.

A continuación móstrase a calendarización do curso:

📅 06/10 ➡️ Formación en seguridade en Atmosferas Explosivas ATEX.
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 13/10 ➡️ Formación en primeiros auxilios e Formación na loita contraincendios.
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 20/10 ➡️ Formación en plans de emerxencia e evacuación  e Formación na loita contraincendios.
🕘 09:00 a 14:00 h
📅 27/10 ➡️ Formación no uso do desfibrilador.
🕘 09:00 a 14:30 h
📅 03/11 ➡️ Formación no uso de Equipos de Respiración Autónoma.
🕘 08:30 a 18:30h