Curso de certificación de leña e acha

Esta formación ten como finalidade achegar coñecemento especializado sobre os procedementos lexislativos, normativos e técnicos vinculados á certificación da leña e da acha. Preténdese que os participantes coñezan as obrigas legais, os mecanismos de control e as certificacións dispoñibles, fundamentais para garantir a calidade da materia prima no sector da biomasa.

Esta actividade forma parte do compromiso do Clúster da Biomasa de Galicia e da Asociación BIOECO2 co impulso da profesionalización e mellora continua da cadea de valor forestal, promovendo un sector máis competitivo, sostible e aliñado coa normativa vixente.

Destinatarios

Os principais destinatarios desta actividade son membros de empresas do sector forestal e da biomasa, así como traballadores/as autónomos, axentes técnicos e outros profesionais interesados en ampliar os seus coñecementos sobre certificación de produtos forestais. De especial interese para produtores de leña, que desexen coñecer en detalle a normativa aplicable e os mecanismos de control da súa actividade.

Equipo docente

Óscar Santaclara Estévez
Óscar Santaclara Estévez@oscarsantaclara
Graduado en Enxeñería Forestal pola Universidade de Vigo e Especialista en Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela. Master en Xeoinformática polas universidades de Vigo e A Coruña. Conta con máis de 20 anos de experiencia profesional no traballo con múltiples sistemas de información xeográfica. Colaborou en gran cantidade de proxectos relacionados co tratamento do Consultor especializado en tecnoloxía da madeira, calidade de produto, marcado CE e normativa técnica para a industria forestal. Conta cunha ampla experiencia como auditor de produtos e procesos e na implementación de esquemas de certificación, como o esquema SURE para plantas de biomasa. Profesional de referencia no ámbito da normalización e certificación no sector da madeira e da biomasa.

Que inclúe este curso?

O curso desenvolverase en formato presencial e contará cun enfoque teórico-práctico, combinando explicacións técnicas con dinámicas participativas en grupo. A duración total será de 9 horas, distribuídas en sesións grupais presenciais con ata 20 participantes.

Durante o curso abordarase:

  • Orixe lexislativa da certificación da leña e da acha

  • Normativa aplicable e certificacións recoñecidas

  • Implantación dos procedementos na produción

  • Medición e control das especificacións a declarar

  • Documentación técnica e aplicación práctica

Todo o material formativo estará dispoñible en galego e castelán.

Curso de certificación de leña e acha

Prazo de inscricións: aberto

Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal

Formulario de inscrición

Curso de certificación de leña e acha

Prazo de inscricións: ata o 25 de setembro de 2024