A necesidade de diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro e avanzar cara a unha economía máis ecolóxica contribuíu, no ámbito de la Unión Europea, ao desenvolvemento de tecnoloxías de enerxías renovables, como a eólica ou a biomasa. Así, nos último anos o uso da biomasa estase incrementando fronte a fontes de enerxías non renovables ou fósiles tales como o petróleo, o gas ou o carbón.

Ademais, o pasado 1 de xullo de 2015 entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2015, que modificou de forma profunda o Código Penal, e estableceu importantes cambios na responsabilidade penal das persoas xurídicas (RPPX), que nacera nunha reforma anterior de 2010, aínda con escasa aplicación.

Por iso, o Clúster da Biomasa de Galicia propón unha actividade composta por unha xornada de formación en materia de plans de prevención de riscos penais ou Compliance, xa que, ademais, na práctica, estes modelos de prevención actúan como un sistema de calidade, a maiores dos que temos na actualidade, pero centrado na prevención de comisión de ilícitos penais, que poden poñer en perigo a actividade e a supervivencia da propia entidade.

A continuación móstrase a calendarización do curso:

📅 28/10- Cidade da Cultura de Galicia 
🕘 10:00 a 14:00 h