Convocatorias de axudas ao sector forestal

XERA-Tecno (IN500A): Convocatoria de axudas

No DOG nº 72 do 19/04/2021 publicáronse as bases e a convocatoria para 2021 das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Axudas ao sector forestal

O obxectivo destas axudas é fomentar os investimentos relativos a:

  • Operacións de aproveitamento e transformación.
  • Comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa, ).
  • Operacións de recollida e manexo en monte no caso de produtos forestais alimentarios.

Destinatarios

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais.

Alcance as axudas

  • Os investimentos subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elegibles.
  • A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.


Gastos subvencionables

  •  Equipos de medición de masas forestais.
  • Plans e ferramentas de xestión empresarial.
  • Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, así como as adaptacións e implementos.
  • Maquinaria e instalacións de primeira transformación de madeira.
  • Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios.
  • Rozadoras.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 19/05/2021.

 Máis información sobre a convocatoria