Convocatoria aberta para o programa
PREE 5.000 do IDAE
O Goberno aproba o programa de rehabilitación enerxética de edificios en municipios e núcleos con menos de 5.000 habitantes incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
O programa estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 e conta cunha dotación orzamentaria de 50 millóns de euros, dos cales 3.795.000 corresponden a Galicia.
Cada comunidade autónoma deberá aprobar e publicar unha convocatoria de axudas designando o órgano competente para instruír e resolver o procedemento de concesión das mesmas e, no seu caso, establecer a reserva de orzamento correspondente para realizar investimentos directos.
O obxectivo do programa é dar un impulso á sustentabilidade da edificación nos municipios e núcleos de menos de 5.000 habitantes, mediante actuacións que van desde cambios na envolvente térmica, ata a substitución de instalacións de xeración térmica con combustibles de orixe fósil por xeración térmica baseada en fontes renovables como a biomasa, así como a mellora na eficiencia enerxética na iluminación.
Os destinatarios últimos do programa poderán ser:
- As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública que sexan propietarias de edificios existentes destinados a calquera uso.
- As comunidades de propietarios ou as agrupacións de comunidades de propietarios de edificios residenciais de uso vivenda.
- Os propietarios que, de forma agrupada, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
- As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, que acrediten dita condición.
- As empresas de servizos enerxéticos ( ESEs), ou provedores de servizos enerxéticos.
- As entidades locais e o sector público institucional das administracións públicas.
- As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía.
- Os concellos, as deputacións provinciais ou as entidades locais equivalentes e as mancomunidades ou agrupacións de municipios españois, cabidos e consellos insulares, as administracións das comunidades autónomas, e calquera organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes das referidas administracións públicas, que poderán actuar en representación de comunidades de propietarios ou outros propietarios de edificios.